Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Luns, 19 de xaneiro de 2015 Páx. 2528

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

DECRETO 2/2015, do 15 de xaneiro, polo que se nomean os vogais do Consello Reitor da Escola Galega de Administración Pública, representantes da Xunta de Galicia e expertos no eido da Administración pública.

O artigo 7 da Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública de Galicia (EGAP), modificado pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, establece a composición do seu consello reitor. Así, no número 3, letra b), do mesmo artigo sinala que formarán parte del cinco representantes da Xunta de Galicia, designados por razón do seu cargo polo Consello desta de entre aqueles que teñan a categoría de director xeral.

De conformidade co establecido na devandita lei, mediante o Decreto 289/1994, do 30 de setembro, o Decreto 307/2003, do 11 de xullo, e o Decreto 302/2009, do 14 de maio, designáronse os vogais correspondentes a este parágrafo do artigo 7.

A ampliación dos colectivos de empregados públicos a que a EGAP pretende estender a súa acción formativa, entre eles ao persoal de administración e servizos das universidades galegas e o persoal das entidades públicas instrumentais da comunidade autónoma, e os diversos cambios de estrutura e, polo tanto, de competencias entre as diversas direccións xerais desde a publicación do último dos decretos sinalados, fai necesario actualizar a composición dos membros das direccións xerais que forma parte do Consello Reitor, incorporando aquelas que, pola materia que nestes momentos ten encomendada o seu centro directivo, teñen máis afinidade coas competencias e actividades que desenvolve a EGAP.

No mesmo artigo e número, na letra c), establécese que formarán parte do citado Consello cinco expertos de recoñecido prestixio no campo da Administración pública nomeados polo Consello da Xunta de Galicia.

De acordo co anterior, mediante o Decreto 153/2011, do 14 de xuño, e o Decreto 164/2012, do 26 de xullo, efectuouse a designación, como vogais do cinco expertos no eido da Administración pública.

Neste eido procédese á renovación parcial de dous vogais expertos no eido da Administración pública, polo tempo que reste para a finalización do mandato.

Na súa virtude, por proposta do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día quince de xaneiro de dous mil quince,

DISPOÑO:

Artigo 1

Nomear como vogais do Consello Reitor da Escola Galega de Administración Pública Pública en representación da Xunta de Galicia os titulares dos seguintes órganos:

– Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos.

– Secretaría Xeral de Universidades.

– Asesoría Xurídica Xeral

– Dirección Xeral de Xustiza.

– Dirección Xeral de Administración Local.

Artigo 2

Nomear como novos vogais do Consello Reitor da Escola Galega de Administración Pública na súa calidade de expertos no eido da Administración pública a Luis Míguez Macho, profesor titular de dereito administrativo da Universidade de Santiago de Compostela e a José Luis Costa Pillado, presidente do Consello Consultivo de Galicia.

Agradecer a Roberto Luis Blanco Valdés, catedrático de dereito constitucional da Universidade de Santiago de Compostela, e a Antonio Piña Alonso, presidente da Audiencia Provincial de Ourense, os servizos prestados.

Disposición derradeira única

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, quince de xaneiro de dos mil quince

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza