Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Luns, 19 de xaneiro de 2015 Páx. 2756

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación do desenvolvemento dunha plataforma de recoñecemento de voz avanzada dentro do subproxecto IS-14: sistema integrado de dixitalización, indexación, custodia e xestión da información clínica (expediente AB-SER1-15-006).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4º. Teléfono: 881 54 27 87.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7º. Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 3 de febreiro de 2015.

d) Número de expediente: AB-SER1-15-006.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: desenvolvemento dunha plataforma de recoñecemento de voz avanzada dentro do subproxecto IS-14: sistema integrado de dixitalización, indexación, custodia e xestión da información clínica.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: desde a súa formalización ata o 30 de novembro de 2015.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 72200000-7, 72212211-1 e 72212314-3.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso:

Concepto

Puntuación máxima

(puntos)

Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

50

1. Proposta funcional

20

2. Proposta técnica

10

3. Plan de proxecto e plan de negocio

10

4. Elementos innovadores funcionais, tecnolóxicos e organizativos

10

Concepto

Puntuación máxima

(puntos)

Criterios valorables de forma automática (sobre C)

50

1. Duración (en meses) dos servizos de soporte evolutivo e correctivo

15

2. Melloras en funcionalidades achegadas pola empresa relacionadas co obxecto específico do contrato

12

3. Condicións de participación en beneficios de explotación

10

4. Accións ou servizos que faciliten a implantación dos escenarios demostradores

8

5. Prezo (oferta económica)

5

4. Valor estimado do contrato: 390.442,50 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 390.442,50 euros. Importe total: 472.435,43 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): grupo V, subgrupo 2 e categoría C.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: ver a cláusula 5.3.2.g) e h) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 3 de febreiro de 2015.

Se o último día de presentación de solicitudes coincidir en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 4 meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal:15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: a apertura do sobre B terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao da finalización da presentación das ofertas. No caso de que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

A apertura do sobre C publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do/dos adxudicatario/s.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 29 de decembro de 2014.

12. Outras informacións: cofinanciado nun 80 % por fondos Feder-Fondo Tecnolóxico, eixe 1, tema prioritario 04.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2014

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos