Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Luns, 19 de xaneiro de 2015 Páx. 2760

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación por procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, tramitado con carácter ordinario, para a contratación da subministración sucesiva de test de estreptococo con destino aos centros de saúde de atención primaria (expediente MI-EIO1-14-007).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Dirección Xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Estrutura de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras. Dirección de Recursos Económicos. Sección de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Edificio de administración (casetas). Planta baixa. Sección de Contratación Administrativa.

2. Domicilio: rúa Ramón Puga, 52-54.

3. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

4. Telefono: 988 38 56 91.

5. RightFax: 881 54 70 69.

6. Correo electrónico: contratacion.chou@sergas.es.

7. Enderezo da internet do perfil de contratante: www.sergas.es.

8. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do último día de presentación de proposicións.

d) Número do expediente: MI-EIO1-14-007.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración sucesiva.

a) Descrición: adquisición de forma sucesiva e por prezo unitario de test de estreptococo con destino aos centros de saúde de atención primaria do Servizo Galego de Saúde.

b) División por lotes: non.

c) Lugar de execución/entrega: ver punto 14 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Prazo de execución: 24 mensualidades desde a formalización do contrato.

e) Admisión de prórroga: si.

f) Establecemento dun acordo marco: si.

g) Sistema dinámico de adquisición: non.

h) CPV (referencia de nomenclatura): 33124131-2 Tiras reactivas.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver punto 11 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: oitocentos vinte e catro mil catrocentos setenta e seis euros con oitenta céntimos (824.476,80 €).

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: trescentos corenta e tres mil cincocentos trinta e dous euros (343.532,00 €).

b) Importe total: trescentos setenta e sete mil oitocentos oitenta e cinco euros con vinte céntimos (377.885,20 €).

6. Garantías exixidas: definitiva: 5 % do orzamento de licitación, IVE non incluído.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo e categoría): non procede.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: ver puntos 16 e 17 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Outros requisitos específicos: non proceden.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 3 de febreiro de 2015.

Se o último día de presentación de ofertas coincide en sábado ou día inhábil na localidade establecida no punto 1.c.3 desta resolución, este prazo prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: ver punto 5.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral da Estrutura de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras. Hospital Santa María Nai, rúa Ramón Puga, 56, soto-3, 32005 Ourense.

d) Número previsto de empresas ás cales se pretende invitar a presentar ofertas: non procede.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: ver punto 5.5.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: ver punto 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Dirección: Sala de Xuntas anexa á Dirección de Recursos Económicos da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, 5ª planta do Edificio Cirúrxico, rúa Ramón Puga, 52.

c) Localidade e código postal: Ourense, 32005.

d) Data e hora: apertura sobre B publicarase no perfil de contratante, www.sergas.es.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario. Ver punto 26 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 29 de decembro de 2014.

12. Outras informacións:

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2014

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos