Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Luns, 19 de xaneiro de 2015 Páx. 2722

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 10 de decembro de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 2014086AL-OU incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 26 de setembro de 2014, a instrutora da Consellería de Sanidade en Ourense formulou a proposta de resolución do expediente sancionador 2014086AL-OU a Matadero de Jarrio, S.L., CIF B27417468, ou, por cambio de denominación, a Industrias Cárnicas de Viveiro, S.L., CIF B27340645, con enderezo en San Martiño, s/n (Galdo)-Viveiro (Lugo).

Intentada a notificación desta proposta segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Matadero de Jarrio, S.L., CIF B27417468, ou, por cambio de denominación, a Industrias Cárnicas de Viveiro, S.L., CIF B27340645, o contido da referida proposta de resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións, ante esta xefatura territorial, no prazo de quince días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avenida de Zamora, nº 13, de Ourense, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 10 de decembro de 2014

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente sancionador: 2014086AL-OU.

Interesada: Matadero de Jarrio, S.L. ou Industrias Cárnicas de Viveiro, S.L.

DNI/NIF/CIF: B27417468 ou B27340645.

Último enderezo coñecido: San Martiño, s/n (Galdo) Viveiro (Lugo).

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Precepto infrinxido: Regulamento (CE) nº 852/2004, do 29 de abril.

Tipificación: leve.

Sanción proposta: catrocentos euros (400,00 €).