Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Luns, 19 de xaneiro de 2015 Páx. 2730

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 16 de decembro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2014270AL-CO por infraccións en materia sanitaria.

O 26 de novembro de 2014, a xefa territorial da Consellería de Sanidade da Coruña ditou a resolución do expediente sancionador 2014270AL-CO incoado a Cunchas da Ría, S.L.

Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do dito artigo, notifícase a Cunchas da Ría, S.L. o contido da referida resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña, e a obter, de ser o caso, copia do expediente segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

No caso de estar de acordo co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera entidade bancaria colaboradora, empregando os impresos normalizados que lle facilitarán nas dependencias da xefatura territorial.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 16 de decembro de 2014

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2014270AL-CO.

Interesada: Cunchas da Ría, S.L.

DNI/NIF/CIF: B70301684.

Último enderezo coñecido: porto de Rianxo, 37,15920 Rianxo.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigo/s infrinxido/s:

– Regulamento (CE) 178/2002 da Comisión, do 28 de xaneiro, polo que establecen os principios e os requisitos xerais da lexislación alimentaria, se crea a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e se fixan procedementos relativos á seguridade alimentaria (DOUE nº 31, do 1 febreiro de 2002): artigo 18: 1, 2, 3, 4 e 5.

– Regulamento (CE) 853/2004, do 29 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, sobre normas específicas de hixiene dos alimentos de orixe animal (DOUE do 30 de abril de 2004, núm. 226; Rect. do 13 de maio de 2010, núm. 119): anexo III: sección VII: capítulo IV: A: 1, 2, 3, 4, 5, 6 e 7, e capítulo IV: B: 1, 2, 3: a), b), c), d), 4; artigo 5 e artigo 7.

– Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE nº 160, do 6 de xullo): artigo 6: 1 e 2, artigo 50: 1.a), c), d) e artigo 51: 1.

Tipificación: leve.

Sanción imposta: 60 €.