Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Venres, 16 de xaneiro de 2015 Páx. 2454

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2014, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se anuncia a formalización do contrato, mediante procedemento aberto, tramitación urxente, documentalmente simplificada e anticipada de gasto, para a contratación de servizos de limpeza en centros dependentes desta xefatura territorial.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de decembro, publícase a formalización dos contratos que a seguir se relacionan:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita os expedientes: Servizo de Xestión Económica.

c) Números de expediente: 88/2014 e 89/2014.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

2. Obxecto dos contratos:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición:

i. Expediente 88/2014: limpeza da Residencia de Maiores de Marín.

ii. Expediente 89/2014: limpeza do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade.

c) División por lotes: non.

d) CPV: 90910000 servizos de limpeza. CPA: 812110.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 6 de novembro de 2014.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto, contratación documentalmente simplificada.

4. Valor estimado do contrato:

i. Expediente 88/2014: 176.508 euros.

ii. Expediente 89/2014: 166.400 euros.

5. Orzamento base de licitación:

i. Expediente 88/2014: importe neto: 176.508 euros. Importe total: 213.574,68 euros (2 anos).

ii. Expediente 89/2014: importe neto: 166.400 euros. Importe total: 201.344 euros (2 anos).

6. Formalización dos contratos:

a) Data de adxudicación: 16 de decembro de 2014.

b) Data de formalización dos contratos: 18 de decembro de 2014.

c) Contratista: Gallega de Proyectos y Servicios, S.L.

d) Importe de adxudicación:

i. Importe neto: 155.327,03 euros. Importe total: 187.945,71 euros (2 anos).

ii. Importe neto: 145.464,46 euros. Importe total: 176.012 euros (2 anos).

Vigo, 22 de decembro de 2014

María Rita Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo