Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Venres, 16 de xaneiro de 2015 Páx. 2456

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2014, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se anuncia a formalización do contrato, mediante procedemento aberto, tramitación urxente e anticipada de gasto, para a subministración de produtos de alimentación básica adaptada para o Complexo Residencial de Atención a Persoas Dependentes (CRAPD) de Vigo.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de decembro, publícase a formalización dos contratos que a continuación se relacionan:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica.

c) Número de expediente: 90/2014.

d) Enderezo da internet do perfil do contratista: http://www.contratosdegalicia.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración de alimentación básica adaptada para o Complexo Residencial de Atención a Persoas Dependentes (CRAPD) de Vigo.

c) División por lotes: non.

d) CPV: 15880000. CPA: 108610.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 13 de novembro de 2014.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 187.669,98 euros (para dous anos).

5. Orzamento base de licitación: importe neto 187.669,98 euros. Importe total 206.436,98 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 16 de decembro de 2014.

b) Data de formalización do contrato: 18 de decembro de 2014.

c) Contratista: Nestlé España, S.A.

d) Importe de adxudicación: importe neto 173.860,10 euros. Importe total 191.246,11 euros.

Vigo, 22 de decembro de 2014

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo