Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Venres, 16 de xaneiro de 2015 Páx. 2467

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

ANUNCIO do 18 de decembro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da resolución do expediente de sanción por infracción na orde social 11/2014.

De conformidade co establecido nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada sen éxito a notificación a través do servizo de Correos, notifícaselle á empresa que a continuación se relaciona a resolución ditada no expediente de sanción por infracción na orde social (materia obstrución):

Empresa

Domicilio

NIF

Nº expediente

Servicio Gallego de Prevención de Riesgos Laborales, S.L.

Estrada da Granxa, 11, ent. E

B27238237

11/2014

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpor un recurso de alzada, perante o director xeral de Traballo e Economía Social, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co establecido nos artigos 48 e 115.1 da Lei 30/1992.

O interesado poderá presentarse durante este prazo ante o Servizo de Traballo e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar en Lugo, situado na rolda da Muralla, 70, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución e recoller o documento de pagamento.

Advírteselle que, de non ser interposto o recurso en tempo e forma, a resolución adquirirá firmeza, e deberá aboar a multa imposta a través das entidades colaboradoras que constan no citado documento de pagamento, dentro do prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución xa que, noutro caso, se procederá á execución pola vía de constrinximento, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001.

Lugo, 18 de decembro de 2014

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo