Expediente: 71/2014.
Solicitude: delimitación do núcleo rural de Pousafoles.
Lexislación reguladora: disposición adicional segunda da Lei 9/2002, coa redacción que a esta lle outorgan ás leis 15/2004, 6/2008 e 2/2010, en relación co artigo 13 desta Lei 9/2002, todas de Galicia.
Ao atoparse en fase de tramitación o expediente arriba indicado, exponse este á información pública por un período dun mes para os efectos de que poida ser examinado polos interesados e presentar as alegacións que consideren oportunas.
Este mesmo anuncio insírese –de conformidade co previsto legalmente– nos diarios La Voz de Galicia e Faro de Vigo, así como no Diario Oficial de Galicia, comezando a contar o prazo antes sinalado a partir da última aparición publicada deste edicto.
Unha vez rematado o trámite, someterase o expediente ao coñecemento do Pleno do Concello para a súa posterior elevación á aprobación definitiva pola Dirección Xeral de Urbanismo.
Padrenda, 23 de decembro de 2014
Manuel Pérez Pereira
Alcalde