Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Xoves, 15 de xaneiro de 2015 Páx. 2245

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Padrenda

ANUNCIO de exposición pública do expediente de delimitación do núcleo rural de Seoane de Crespos.

Expediente: 70/2014.

Solicitude: delimitación do núcleo rural de Seoane de Crespos.

Lexislación reguladora: disposición adicional segunda da Lei 9/2002, coa redacción que a esta lle outorgan as leis 15/2004, 6/2008 e 2/2010, en relación co artigo 13 desta Lei 9/2002, todas de Galicia.

Ao atoparse en fase de tramitación o expediente arriba indicado, exponse este á información pública por un período dun mes para os efectos de que poida ser examinado polos interesados e presentar as alegacións que consideren oportunas.

Este mesmo anuncio insírese –de conformidade co previsto legalmente– nos diarios La Voz de Galicia e Faro de Vigo, así como no Diario Oficial de Galicia, comezando a contar o prazo antes sinalado a partir da última aparición publicada deste edicto.

Unha vez rematado o trámite, someterase o expediente ao coñecemento do Pleno do Concello para a súa posterior elevación á aprobación definitiva pola Dirección Xeral de Urbanismo.

Padrenda, 23 de decembro de 2014

Manuel Pérez Pereira
Alcalde