Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Xoves, 15 de xaneiro de 2015 Páx. 2241

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 11 de decembro de 2014, da Xerencia Executiva do Hospital da Barbanza, pola que se lles notifica a varias persoas a facturación ao seu nome de servizos sanitarios prestados neste centro no caso de non achegar os datos necesarios para facturar ao terceiro obrigado ao pagamento.

Por esta cédula, e debido a que os abaixo relacionados non se atoparon nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro, ou que se alegaron distintas causas para non recibir as notificacións as persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícaselles ás persoas incluídas na relación que se insire que:

Segundo o recollido no anexo IX do Real decreto 1030/2006, do 15 de setembro, polo que se establece a carteira de servizos do Sistema nacional de saúde e o procedemento para a súa actualización, así como no artigo 83 da Lei xeral de sanidade, e na disposición adicional 22 do texto refundido da Lei xeral da seguridade social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, de non achegar no prazo de dez (10) días os datos e a documentación necesarios para poder facturar ao terceiro obrigado ao pagamento a asistencia sanitaria que lle foi prestada neste centro sanitario, os gastos asistenciais serán pola súa conta, tal e como se recolle no artigo 1 do Decreto 221/2012, do 31 de outubro (DOG núm. 222, do 21 de novembro), polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde, polo que se emitirá factura de gastos sanitarios ao seu nome.

Para todo tipo de consulta ou aclaración sobre a documentación que cómpre presentar deberán poñerse en contacto co Servizo de Facturación deste centro sanitario no teléfono 981 83 43 47.

Para que conste, lles sirva de notificación aos interesados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, expido, asino e selo esta cédula.

Ribeira, 11 de decembro de 2014

Laura María Ballesta López
Xerente executiva do Hospital da Barbanza

ANEXO

Nome do paciente

DNI/NIF

Lapushnyak Vitaliy

X09660515D

Costids da Silva, Eugenio Antonio

052341954A

Martínez Ordóñez, Roberto

078541258F

Silva Vidal, Jesús

076965597F

Taibo Otero, Rubén

053482210B

Bertz Martínez, Soranyi

X07049502W

Bertz Martínez, Adriana

X07050506V