Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Xoves, 15 de xaneiro de 2015 Páx. 2233

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

ANUNCIO do 18 de decembro de 2014, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, polo que se publica a sanción firme imposta pola comisión dunha infracción moi grave en materia de prevención de riscos laborais no expediente 2011/0048-0.

Unha vez que adquiriu firmeza a sanción imposta solidariamente ás empresas que se relacionan pola comisión dunha infracción moi grave en materia de prevención de riscos laborais, procédese á súa publicación, de conformidade co disposto na Orde da Consellería de Traballo do 30 de xullo de 2008, sobre publicación das sancións nesa materia e cos datos establecidos no seu artigo 3.

– Expediente: RL 2011/0048-0.

Nome ou razón social da empresa: Fomento de Áridos y Obras, S.L.

Sector da actividade e CNAE: construción de redes eléctricas e telecomunicacións (42).

CIF: B36285765.

Domicilio social: A Ermida, 82. Marcón (Pontevedra).

Infracción cometida: artigo 13.10 do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto. Falta de protección colectiva e individual con risco grave e inminente de caída de altura.

Precepto legal infrinxido: artigos 14, 15 e 17 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

Importe da sanción económica imposta: 40.986,00 euros.

Data de extensión da acta: 11.10.2011.

Data de firmeza da sanción: 30.8.2014.

– Expediente: RL 2011/0048-0.

Nome ou razón social da empresa: Sercoysa Proyectos y Obras, S.A.

Sector da actividade e CNAE: construción de edificios residenciais (42).

CIF: A36319622.

Domicilio social: parque empresarial O Campiño, 37. Marcón (Pontevedra).

Infracción cometida: artigo 42.3 do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto. Responsabilidade solidaria como empresa principal na comisión dunha infracción moi grave en materia de prevención de riscos laborais.

Precepto legal infrinxido: artigo 24.3 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

Importe da sanción económica imposta: 40.986,00 euros.

Data de extensión da acta: 11.10.2011.

Data de firmeza da sanción: 30.8.2014.

Conforme o disposto no artigo 2.4 da Orde da Consellería de Traballo, do 30 de xullo de 2008, semestralmente publicarase a relación de empresas sancionadas na páxina web da citada consellería.

Ademais, procederase á inscrición no Rexistro Público de Empresas Sancionadas por comisión de infraccións moi graves en materia de prevención de riscos laborais dos datos publicados neste anuncio, de acordo co previsto no artigo 4 da orde. Estes datos cancelaranse aos cinco anos contados desde o día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2014

Carmen Bouso Montero
Directora xeral de Traballo e Economía Social