Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Xoves, 15 de xaneiro de 2015 Páx. 2232

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

ANUNCIO do 15 de decembro de 2014, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, polo que se notifica o acordo de descualificar a sociedade Appyma Carliz, S.L.L. como sociedade laboral e proceder a dar de baixa e cancelar os seus asentos no rexistro administrativo dependente desta dirección xeral.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de seren intentadas sen éxito as notificacións persoais a través do servizo de Correos, notifícase o acordo de descualificar a sociedade Appyma Carliz, S.L.L. como sociedade laboral e proceder a dar de baixa e cancelar os seus asentos no rexistro administrativo dependente desta dirección xeral, declarando anulada a súa cualificación e inscrición como sociedade laboral, acordado pola Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, o 16 de outubro de 2014.

A representación legal da entidade poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nas dependencias da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, situadas no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, andar 0, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro do acordo.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia a notificación entenderase producida desde o día seguinte á data de finalización deste.

Este anuncio remitirase, así mesmo, aos concellos correspondentes ao último domicilio coñecido da entidade, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que se proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2014

Carmen Bouso Montero
Directora xeral de Traballo e Economía Social