Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Xoves, 15 de xaneiro de 2015 Páx. 2213

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 16 de decembro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha notificación desestimatoria da subvención de promoción do emprego autónomo de mozos/as menores de 30 anos, regulada na Orde do 14 de maio de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 100, do 27 de maio), relativa ao expediente TR341O 2014/23-1.

Intentada a notificación da dita desestimatoria segundo o disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle á interesada o contido da notificación que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Esta notificación pon fin á vía administrativa e contra ela a interesada pode interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer un recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial. Todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rúa Salvador de Madariaga, nº 9-1º, na Coruña, e a obter, se é o caso, copia da resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 16 de decembro de 2014

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Número de expediente: TR341O 2014/23-1.

Nome: Laura Santianes Carro.

DNI: 47437064-R.

Último enderezo coñecido: avenida Pablo Picaso, 21-2º esqda., 15008 A Coruña.

Tipo de axuda: subvención polo establecemento como traballadora autónoma.

Contido da resolución: notificación de desistencia.

Data da resolución: 6.11.2014.