Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Xoves, 15 de xaneiro de 2015 Páx. 2198

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello da Laracha (expediente IN407A 2014/180-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE nº 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Nº de expediente: IN407A 2014/180-1.

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 19, 1º dta., 15004 A Coruña.

Denominación: centro seccionamento Toural.

Situación: concello da Laracha.

Características técnicas:

Novo C.S. tipo PFU-5 no que se instalará un transformador de 50 kVA, catro celas de liña e unha cela de protección para o CT proxectado.

Reforma das seguintes liñas:

– LMT Cillobre-Vista Alegre: reforma dun tramo de LMT Medoña-Erboedo-O Campo da Ran-Vilamir-Borreiro (expediente 51.762) reforma tramo con lonxitude de 471 m.

– LMT Erboedo (expedientes 52.155-51.762) reforma tramo lonxitude total 125 m.

– LMT Riba do Coiro (expediente 162/99) substitución do apoio nº 3 tipo HV-15/1,600.

– Para alimentar o CS proxectado e realizar o enlace coas liñas de media tensión proxéctanse diferentes tramos de liñas de media tensión subterráneas:

– LMT Cillobre-Vista Alegre (expediente 51.762) tramo con lonxitude total de 70 m.

– LMT Erboedo (expediente 51.762) tramo con lonxitude total de 35 m.

– LMT Riba de Coiro (Expte 162/99) tramo con lonxitude total de 220 m.

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figuran no anexo que se insire xunto a esta resolución.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Esta publicación faise igualmente para os efectos do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos terreos propostos sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar, e deste xeito dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan sobre estes, de conformidade co artigo 5 da Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación ou notificación individual.

A Coruña, 5 de decembro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Nº de expediente: IN407A 2014/180-1.

Proxecto: centro seccionamento Toural.

Concello da Laracha.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Nº predio

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Apoio

Afeccións

m2

ml aér.

m2 aér.

1

Avieira

Prado

José Mañana Ramilo

49

2

43

649

2

Avieira

Prado

Herdeiros de Jesús García Suárez

19

301

5

Nova

Prado

Herdeiros de Jesús Cambón Suárez

79

1.171

7

Leira Baixo Casa

Prado

Herdeiros de Jesús García Suárez

3

10