Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Mércores, 14 de xaneiro de 2015 Páx. 1917

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1056/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 1056/2012, por instancia de Miguel Jesús Sanda Barreiro contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, as empresas Prefabricados Aspe, S.L., Prefabricados Castelo, S.A. e Castelo Soluciones Estructurales, S.L., sobre seguridade social, en que recaeu sentenza con data do 11 de decembro de 2014 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Estímase parcialmente a demanda interposta por Miguel Jesús Sanda Barreiro fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social e á Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Prefabricados Aspe, S.L., Prefabricados Castelo, S.A. e Castelo Soluciones Estructurales, S.L. e, en consecuencia:

– Declárase o dereito do demandante a que se corrixan as bases de cotización do período comprendido entre setembro de 2010 a xuño de 2011, ambos os dous inclusive, conforme a de 1.921,08 euros mensuais.

– Condénase a empresa Prefabricados Castelo, S.A. ao aboamento da diferenza entre a contía de prestación de incapacidade permanente total recoñecida e a que lle correspondería conforme a corrección antes sinalada, con obriga de anticipo do Instituto Nacional da Seguridade Social.

– Absólvense as empresas Prefabricados Aspe, S.L. e Castelo Soluciones Estructurales, S.L. das pretensións fronte a elas dirixidas.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o que abondará a manifestación da parte ou do seu avogado graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma ás empresas Prefabricados Aspe, S.L., Prefabricados Castelo, S.A. e Castelo Soluciones Estructurales, S.L., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 18 de decembro de 2014

A secretaria xudicial