Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Mércores, 14 de xaneiro de 2015 Páx. 1916

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (139/2013).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 139/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marcos Laíño Ordóñez contra a empresa Hostelería Coruñesa Agoi3, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa resolución é a seguinte:

«Resolución

Que, estimando a demanda interposta polo demandante Marcos Laíño Ordóñez, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Hostelería Coruñesa Agoi3, S.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 6.109 euros polos conceptos reclamados na demanda.

Notifíquese esta resolución ás partes ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Hostelería Coruñesa Agoi3, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 22 de decembro de 2014

A secretaria xudicial