Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Mércores, 14 de xaneiro de 2015 Páx. 1979

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato dun servizo para o deseño, elaboración e difusión dunha campaña de publicidade 2014 do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2007-2013, procedemento cofinanciado pola Unión Europea, fondos Feader, nun 75 % (expediente 25/2014).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: deseño, elaboración e difusión dunha campaña de publicidade dirixida á sociedade galega para informar respecto das oportunidades que ofrece o Programa de desenvolvemento rural de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20121

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 182, do 24 de setembro de 2014.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria, documentalmente simplificado e aberto.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 185.672,72 €. IVE (21 %): 38.991,27 €. Importe total: 224.663,99 €.

Valor estimado: 185.672,72 €.

5. Adxudicación e formalización do contrato.

a) Data da resolución de adxudicación: 26 de novembro de 2014.

b) Adxudicataria: Imaxe Intermedia, S.A.

c) Importe: 178.611,57 € (sen IVE).

IVE (21 %): 37.508,43 €.

Importe total: 216.120,00 €.

d) Data de formalización do contrato: 27 de novembro de 2014.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta economicamente máis vantaxosa para a Administración (ao obter a maior puntuación no procedemento).

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2014

Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar