Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Mércores, 14 de xaneiro de 2015 Páx. 1965

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 18 de decembro de 2014, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, pola que se publica a resolución ditada no procedemento de baixa no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da entidade Academia Zeta (número de censo 15H00812), devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á Academia Zeta a Resolución do 10 de novembro de 2014, da directora xeral de Emprego e Formación, ditada no procedemento de baixa no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario.

Número de censo: 15H00812

Academia Zeta

Rúa Juan Flórez, 36, int. 2º

15004 A Coruña

A Coruña

Logo de examinar a inscrición da entidade Academia Zeta no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar,

Supostos de feito:

Primeiro. A entidade Academia Zeta encóntrase inscrita no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, co número 15H00812, nas especialidades formativas seguintes:

Código especialidade

Descrición

Alta homologación

ADGS10

Técnico administrativo de segu.

10.9.2001

ADGS20

Comercial de seguros

22.12.1998

SSCA10

Técnico en consumo

6.10.2003

Segundo. Por parte da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña, o 19 de febreiro de 2014, xustificante de recepción do 25.2.2014, requiriuse á entidade Academia Zeta, para os efectos de comprobar o cumprimento dos requisitos establecidos na normativa vixente para manter a condición de centro/entidade inscrito ou acreditado no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, a documentación prevista nos artigos 5 e 6 do Decreto 106/2011, informándoa de que, en caso de non achegar a documentación requirida, se proporá a súa baixa no antedito rexistro.

Terceiro. A entidade Academia Zeta non presentou a documentación requirida.

Cuarto. En cumprimento do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 106/2011, o 17 de outubro de 2014, a xefa territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña propón a revogación da inscrición do centro.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. A competencia para resolver o presente expediente correspóndelle á directora xeral de Emprego e Formación, de conformidade co establecido no artigo 6.3) e artigo 8 do Decreto 106/2011, do 19 de maio.

Segundo. A disposición transitoria primeira do Decreto 106/2011, do 19 de maio, dispón que os centros e entidades de formación inscritos no Censo de centros colaboradores de formación ocupacional da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en virtude do Decreto 158/2001, quedarán inscritos e, se é o caso, acreditados, no Rexistro de Centros e Entidades de Formación naquelas especialidades formativas en que estean homologados, e que disporán dun prazo de dous anos para adaptar as súas instalacións aos requisitos establecidos no artigo 30 da Orde TAS 718/2008, do 7 de marzo. Así mesmo, establece que, transcorrido o devandito prazo de dous anos sen adaptarse á antedita normativa, causarán baixa automaticamente.

Revisado o expediente, compróbase que Academia Zeta non acreditou o cumprimento dos requisitos para a inscrición e acreditación dos centros e entidades de formación para o emprego no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, do número de censo 15H00812.

Terceiro. Tendo en conta que na tramitación do expediente se observaron as normas que para o efecto se establecen no Decreto 106/2011, do 19 de maio, e na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Logo de ver o Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, polo que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego, a Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo, modificada pola Orde ESS/1726/2012, do 2 de agosto, pola que se desenvolve o antedito real decreto, o Decreto 106/2011, do 19 de maio, polo que se crea o Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar e se regula o procedemento para a inscrición e, se é o caso, acreditación dos centros e entidades que impartan formación para o emprego no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, o Decreto 235/2012, do 5 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia, o Decreto 42/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar, a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e a demais normativa de xeral aplicación,

RESOLVO:

Dar de baixa a entidade Academia Zeta, número 15H00812, do Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar.

Notifíquese aos interesados a presente resolución para o seu coñecemento e efectos oportunos.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Traballo e Benestar no termo dun mes contado desde a súa notificación, de acordo co establecido no artigo 114, seguintes e concordantes, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro).

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2014

Ana Mª Díaz López
Directora xeral de Emprego e Formación