Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Mércores, 14 de xaneiro de 2015 Páx. 1974

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

EDICTO do 10 de decembro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican diversas resolucións xestionadas nesta xefatura territorial.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (de agora en diante RXAP-PAC), ao ser devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día, coas resolucións ditadas nos procedementos instados polos interesados, publicase mediante este edicto, de conformidade co disposto no artigo 61 da mencionada lei, o contido das resolucións, contra as cales poderá interpoñerse reclamación previa á vía da xurisdición laboral, perante esta xefatura territorial, dentro dos 30 días seguintes ao da data desta publicación, conforme o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social (BOE do 11 de outubro). No mesmo prazo sinalado no parágrafo anterior, e de acordo co referido no artigo 61 da Lei 30/1992, de RXAP-PAC, poderán comparecer persoalmente ou debidamente representados na Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e do Benestar de Lugo, para os efectos do coñecemento do texto íntegro da resolución e do resto do expediente.

Lugo, 10 de decembro de 2014

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nome e apelidos: Mª Flora Cuñarro Nodar.

DNI: 34170572R.

Número de expediente: 27/0000517-X/03.

Notificación: resolución de extinción.

Nome e apelidos: Mª Jesús Gandoy Vázquez.

DNI: 33846486P.

Número de expediente: 27/0000059-I/13.

Notificación: resolución de rehabilitación.

Nome e apelidos: María Santos Gándara.

DNI: 10750306Z.

Número de expediente: 27/0000333-X/14.

Notificación: resolución de alta por traslado.