Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Martes, 13 de xaneiro de 2015 Páx. 1674

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2014, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se clasifica un posto de traballo reservado a funcionarios/as con habilitación de carácter nacional na Deputación Provincial de Ourense.

A Deputación Provincial de Ourense formula proposta relativa á clasificación do posto de interventor-asesor, con funcións de asistencia a municipios, integrado no Gabinete de Asesoría Xurídica da Área de Administración Xeral da Deputación Provincial de Ourense, reservado a funcionarios/as con habilitación de carácter nacional pertencentes á subescala de intervención-tesouraría, categoría entrada, conforme o Acordo adoptado polo Pleno en sesión do día 22 de febreiro de 2013, sobre aprobación definitiva da relación de postos de traballo para o exercicio 2013. A existencia deste posto de traballo mantívose na relación de postos de traballo para o exercicio 2014, así como na relación de postos de traballo para o exercicio 2015.

O artigo 5.1) do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, establece que as deputacións provinciais incluirán nas súas relacións de postos de traballo os postos necesarios para garantir o exercicio das funcións reservadas nas entidades locais ás cales se presta o servizo provincial de asistencia.

Por todo isto, en aplicación do establecido nos artigos 2, 5 e 9 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, modificado polo Real decreto 834/2003, do 27 de xuño, e demais normativa concordante de aplicación, e no uso das facultades que lle confire o artigo 15.1 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, en relación co artigo 241 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, e a Orde do 14 de maio de 2013 sobre delegación de competencias,

RESOLVE:

Primeiro. Clasificar o posto de traballo de interventor-asesor, con funcións de asistencia a municipios, reservado a funcionarios/as con habilitación de carácter nacional pertencentes á subescala de intervención-tesouraría, categoría entrada, da Deputación Provincial de Ourense, como se especifica no anexo que se xunta á dita resolución.

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, perante a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderá impugnarse directamente, perante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous (2) meses contados desde a mesma data, segundo o disposto no artigo 46 en relación co artigo 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2014

José Alberto Pazos Couñago
Director xeral de Administración Local

ANEXO

Corporación: Deputación Provincial de Ourense.

Posto: interventor-asesor.

Subescala: intervención-tesouraría.

Categoría: entrada.

Forma de provisión: concurso.