Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Martes, 13 de xaneiro de 2015 Páx. 1664

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2014, da Dirección Xeral de Administración Local, de revogación da autorización do desempeño, con carácter excepcional, do posto de tesouraría do Concello de Narón.

O posto de tesouraría do Concello de Narón figura reservado a funcionarios con habilitación de carácter nacional, pertencente á subescala de intervención-tesouraría, e concédese a autorización do seu desempeño con carácter excepcional a funcionario propio en virtude de Resolución da extinta Consellería de Presidencia e Administración Pública do 20 de novembro de 1997.

O 10 do novembro de 2014 tivo entrada no Rexistro Xeral da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza un escrito do Concello de Narón no cal o secretario xeral do Concello certifica que o Concello Pleno, en sesión ordinaria do 30 do outubro de 2014, adopta o acordo de solicitar á Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza a revogación da autorización para o desempeño do posto de tesouraría por funcionario propio da Corporación por causa de baixa por xubilación deste o 31 de decembro de 2014.

De conformidade co disposto no artigo 2 do Real decreto 1732/1994, o posto de tesouraría existe preceptivamente en todas as corporacións locais con secretaría de clase primeira e está reservado a funcionarios con habilitación de carácter nacional pertencentes á subescala de intervención-tesouraría, categoría de entrada ou superior.

Doutra banda, a disposición adicional terceira do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, dispón que, excepcionalmente, por petición fundada das corporacións locais de municipios con poboación inferior a 50.000 habitantes ou orzamento inferior a 18 millóns de euros cuxa secretaría estea clasificada en clase primeira, o órgano competente da Comunidade Autónoma poderá autorizar o desempeño do posto de tesouraría por funcionario da Corporación debidamente cualificado.

En aplicación do disposto no artigo 2 do Real decreto 1732/1994, e de conformidade cos arquivos existentes neste centro directivo, o Concello de Narón dispón dunha secretaría de clase primeira e, por conseguinte, dunha tesouraría reservada a funcionarios con habilitación de carácter nacional, pertencentes á subescala de intervención-tesouraría, categoría de entrada ou superior, e concedida a autorización do desempeño, con carácter excepcional, do posto de tesouraría a funcionario propio do Concello.

As resolucións de autorización de desempeño excepcional do posto de tesouraría non inciden na clasificación do posto, isto é, a tesouraría do Concello de Narón continúa reservada a funcionarios con habilitación de carácter nacional da subescala de intervención-tesouraría, de acordo coa clasificación que consta neste centro directivo, así como coa relación de postos de traballo do propio concello. No entanto, a autorización excepcional do desempeño do posto de tesouraría por funcionario da Corporación implica a non inclusión do posto nos concursos de traslados de funcionarios con habilitación nacional, mentres non se produza a revogación da autorización do desempeño excepcional.

Tendo en conta, por conseguinte, o carácter excepcional da autorización de desempeño e que preceptivamente, en virtude do disposto no artigo 2 do Real decreto 1732/1994, o Concello de Narón ten unha tesouraría que consta clasificada como reservada a funcionarios con habilitación de carácter nacional da subescala de intervención-tesouraría, procede acceder á petición de revogación do desempeño excepcional do posto de tesouraría formulada polo Concello de Narón, fundada na causa de baixa por xubilación do funcionario que desempeña este posto de traballo.

De conformidade coa normativa indicada, e no exercicio da competencia atribuída polo artigo 15.1 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e a Orde do 14 de maio de 2013 sobre delegación de competencias, esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro. Deixar sen efecto a autorización do desempeño, con carácter excepcional, do posto de tesouraría do Concello de Narón (A Coruña), por un funcionario propio debidamente cualificado, con efectos do 1 de xaneiro de 2015.

Segundo. Esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá impugnarse directamente, á súa elección, ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que teña o seu domicilio ou o de Santiago de Compostela, no prazo de dous (2) meses contados desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, poderá presentar previamente requirimento no prazo de dous meses conforme o disposto no seu artigo 44.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2014

José Alberto Pazos Couñago
Director xeral de Administración Local