A aprobación da relación de postos de traballo do organismo autónomo Instituto Galego da Vivenda e Solo xustifícase pola necesidade da súa adaptación á estrutura orgánica do organismo autónomo.
En consecuencia, por proposta do Instituto Galego da Vivenda e Solo, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 26 de decembro de 2014, adoptou o seguinte
ACORDO:
Primeiro. Apróbase a relación de postos de traballo do organismo autónomo Instituto Galego da Vivenda e Solo, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.
Segundo. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.
Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 26 de decembro de 2014, relativo á aprobación da relación de postos de traballo do organismo autónomo Instituto Galego da Vivenda e Solo, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xullo de 2013, sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 136, do 18 de xullo), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2014
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública