Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 8 de xaneiro de 2015 Páx. 746

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2014 pola que se convocan as persoas aspirantes admitidas pola quenda de acceso libre á realización do primeiro exercicio do proceso selectivo para cubrir dúas prazas da categoría profesional de técnico especialista en instalacións, do grupo III, convocado pola Resolución do 26 de setembro de 2013.

Mediante Resolución do 26 de setembro de 2013 (DOG do 16 de outubro e BOE do 14 de novembro) convocáronse probas selectivas para cubrir dúas prazas da categoría profesional de técnico especialista en instalacións, unha pola quenda de promoción interna e unha pola quenda de acceso libre.

A Resolución do 7 de xullo de 2014, no seu punto cuarto, establece que as persoas admitidas pola quenda de acceso libre serán convocadas para realizar o primeiro exercicio, mediante resolución que se publicará no DOG. De conformidade con isto,

RESOLVO:

Convocar as persoas aspirantes admitidas pola quenda de acceso libre para a realización do primeiro exercicio (probas de lingua galega) da primeira fase, o día 28 de xaneiro de 2015, ás 10.00 horas, no Servizo de Normalización Lingüística da USC (Vivendas dos Catedráticos, Campus Vida, Santiago de Compostela).

A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios efectuaraa o tribunal nos locais onde se realizase o primeiro deles, na Reitoría da Universidade e na páxina web http://www.usc.es/gl/goberno/xerencia/selecciondepersoal.html

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2014

Juan M. Viaño Rey
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela