Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 8 de xaneiro de 2015 Páx. 828

VI. Anuncios

b) Administración local

Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés

EDICTO.

Aprobado inicialmente polo Pleno da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés o orzamento xeral para o exercicio económico de 2015, en cumprimento do disposto no artigo 169.1 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, e disposicións concordantes, exponse ao público na secretaría desta mancomunidade, polo prazo de quince días hábiles –que comezará a contarse desde o seguinte ao da inserción do presente edicto no Diario Oficial de Galicia–, co fin de que durante este prazo poidan formularse as reclamacións que se consideren pertinentes, as cales deberán ser dirixidas ao presidente desta mancomunidade.

Pedrafita do Cebreiro, 29 de decembro de 2014

José Luís Raposo Magdalena
Presidente da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés