Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 8 de xaneiro de 2015 Páx. 810

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 11 de decembro de 2014 pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador e de reposición da legalidade COL/45/2013-RP1, devolta polo servizo de Correos por resultar a destinataria ausente na repartición.

O 13 de novembro de 2014, a instrutora do servizo de Inspección Urbanística I da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística formulou proposta de resolución no expediente sancionador e de reposición da legalidade nº COL/45/2013-RP1, que se tramita pola realización de obras dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo terrestre, no lugar de Baleo-Pantín, termo municipal de Valdoviño (A Coruña).

Ao non poderse realizar a notificación persoal da proposta de resolución a Elena Aquilina Vigo Freire, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícase á interesada a dita proposta de resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC o acto non se publica na súa integridade, faise saber á interesada que o texto íntegro da proposta de resolución que se lle notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

A interesada disporá dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para alegar e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes.

Para que conste e sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística