Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 8 de xaneiro de 2015 Páx. 794

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 11 de decembro de 2014 pola que se publica o trámite de audiencia da baixa no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego do centro ou entidade Asociación de Autónomos de Galicia (número de censo 15C00119 e dezanove máis).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 60.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e por razóns de economía e eficacia, notifícase aos/ás centros ou entidades que se relacionan no anexo o trámite de audiencia da baixa no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, devoltos polo servizo de Correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

O artigo 8.1.c) do Decreto 106/2011, do 19 de maio, polo que se crea o Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar e se regula o procedemento para a inscrición e, se é o caso, acreditación dos centros e entidades que impartan formación para o emprego no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, establece que a Dirección Xeral de Emprego e Formación poderá acordar a baixa no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar dos centros e entidades cando se produza a baixa no Ficheiro de especialidades formativas de todas as especialidades que teñan inscritas ou acreditadas.

Comprobouse que todas as especialidades que tiñan inscritas ou acreditadas as entidades ou centros que se relacionan no anexo causaron baixa no Ficheiro de especialidades formativas, polo que, previamente ao acordo da súa baixa no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, e de conformidade co disposto no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, póñolles de manifesto a antedita causa de baixa e comunícolles que dispoñen dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta cédula, para alegaren e presentaren os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2014

Ana Mª Díaz López
Directora xeral de Emprego e Formación

ANEXO

Núm.
de censo

Centro/entidade

Enderezo

15C00119

Asociación de Autónomos de Galicia

R/ Vila de Laxe, 18-baixo

15005 A Coruña

32C00138

Academia Angelines Quintela

R/ Progreso, 62

32003 Ourense

36C00904

Asesoría Otero Solla, S.L.

R/ Gregorio Espino, 52-entr.-of. 3

36205 Vigo (Pontevedra)

36C00564

Academia Sanitaria

R/ Parque Infantil, 8-2º A

36620 Vilanova de Arousa (Pontevedra)

15C00152

Academia Central

R/ Norberto Pijuán, 5-1º E

15930 Boiro (A Coruña)

36C00699

Asociación de Viticultores do Salnés

R/ Carballeira, 21-1º esquerda

36630 Cambados (Pontevedra)

15C00934

Area de Avance, S.L.

Avda. Fonteculler, 64

15174 Culleredo (A Coruña)

27C00072

Asociación Profesional de Diplomados en Ciencias Empresariales

Praza Avilés, s/n

27001 Lugo

15C00936

Mª del Pilar Castro Piñeiro

R/ Salgueiriños de Abaixo, 8-baixo

15703 Santiago de Compostela (A Coruña)

27C00103

Academia Trivium, S.L.

Avda. Terra Chá, 38-Feira do Monte

27376 Cospeito (Lugo)

32C00104

Alianza Francesa de Ourense

R/ Doctor Fleming, 51-baixo

32003 Ourense

32C00186

Alto Támega TV, S.L.

R/ San Roque, 3

32600 Verín (Ourense)

32C00128

Bit Informática-Luis José Rodríguez Gutiérrez

R/ Cardenal Quiroga, 4

32003 Ourense

32C00179

Buttonhole

R/ Valle Inclán, 25-entr. 1-local 6

32004 Ourense

15C00160

Aula Galicia, S.L.

R/ do Penedo, 1-baixo

15706 Santiago de Compostela (A Coruña)

27C00080

Andrés R.P., S.A.

R/ Misericordia, 3

27850 Viveiro (Lugo)

36C00099

Patronato de Turismo

R/ Cánovas del Castillo, 2- 2º

36202 Vigo (Pontevedra)

32C00118

Artesanía Española-María Isabel Fernández Lastres

R/ Concordia, 3-1º

32003 Ourense

15C00121

Asociación Xoves Empresarios As Pontes

15320 As Pontes de García Rodríguez (A Coruña)

15C01402

Academia El Temple, S.C.

R/ de la Constitución, 21-baixo

15660 Cambre (A Coruña)