Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 8 de xaneiro de 2015 Páx. 792

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo correspondente ao expediente de contratación 68/2014-Servizo para a realización de actividades de promoción do cooperativismo mediante o impulso da I+D+i e a utilización das TIC, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, no marco do programa operativo FSE Galicia.

En cumprimento do artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do contrato que se relaciona a continuación:

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Traballo e Benestar.

a) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

b) Enderezo na internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo para a realización de actividades de promoción do cooperativismo mediante o impulso da I+D+i e a utilización das TIC.

c) Tipo de fondo: cofinanciado polo Fondo Social Europeo, no marco do Programa operativo FSE Galicia.

3. Tramitación e procedemento: tramitación ordinaria e documentalmente simplificada e procedemento aberto.

4. Orzamento base de licitación: cento cincuenta e sete mil vinte e catro euros con setenta e nove céntimos (157.024,79 €) máis trinta e dous mil novecentos setenta e cinco euros con vinte e un céntimos (32.975,21 €) correspondentes ao 21% de IVE, o que suma un importe total de cento noventa mil euros (190.000,00 €).

5. Adxudicación:

a) Data: 14 de novembro de 2014.

b) Contratista: UTE: AGACA-Serviguide, Unión Temporal de Empresas, Lei 18/1982, do 26 de maio.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: cento trinta e tres mil catrocentos setenta euros (133.470,00 €) máis vinte e oito mil vinte e oito euros con setenta céntimos (28.028,70 €) correspondente ao 21 % de IVE, o que suma un importe total de cento sesenta e un mil catrocentos noventa e oito euros con setenta céntimos (161.498,70 €).

6. Formalización: 26 de novembro de 2014.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2014

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar