1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Secretaría Xeral para o Deporte.
b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Xestión Deportiva.
c) Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20729
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: contrato administrativo de obras.
b) Descrición do obxecto: obras de renovación da homologación das pistas de atletismo nas instalacións adscritas á Secretaría Xeral para o Deporte (2 lotes).
Lote 1: renovación da homologación da pista de atletismo do estadio Josefina Salgado no Complexo Deportivo de Monterrei, O Pereiro de Aguiar (Ourense) (CD Monterrei).
Lote 2: renovación da homologación da pista de atletismo no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, sito en Pontevedra (CGTD).
c) Medio e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia (DOG) núm. 183, do 25 de setembro de 2014.
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.
b) Procedemento: aberto, non suxeito a regulación harmonizada e criterio prezo.
4. Valor estimado: 99.167,96 €.
5. Orzamento base de licitación.
Importe neto: 99.167,96 €. IVE (21 %): 20.825,27 €. Importe total: 119.993,23 € e conforme a seguinte distribución por lotes:
Lote 1: CD Monterrei: 49.999,72 €, IVE incluído.
Lote 2: CGTD: 69.993,51 €, IVE incluído.
6. Adxudicación e formalización dos contratos.
Lote nº 1: renovación da homologación da pista de atletismo do estadio Josefina Salgado no Complexo Deportivo de Monterrei, O Pereiro de Aguiar (Ourense) (CD Monterrei).
a) Data da resolución da adxudicación: 18 de novembro de 2014.
b) Adxudicataria: Desmaco, S.L.
c) Importe: 41.524,74 € (IVE incluído, 21 %).
d) Data de formalización do contrato: 26 de novembro de 2014.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta co prezo máis baixo, non considerada anormal ou desproporcionada.
Lote nº 2: renovación da homologación da pista de atletismo do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, sito en Pontevedra (CGTD).
a) Data da resolución da adxudicación: 18 de novembro de 2014.
b) Adxudicataria: Saidres de Trasdeza, S.L.
c) Importe: 64.300,00 € (IVE incluído 21 %).
d) Data de formalización do contrato: 24 de novembro de 2014.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta co prezo máis baixo, non considerada anormal ou desproporcionada.
Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2014
José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte