En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Secretaría Xeral para o Deporte.
b) Dependencia que tramitou o expediente: Subdirección Xeral de Xestión Deportiva.
c) Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21116
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: contrato administrativo de servizos.
b) Descrición do obxecto: servizo de vixilancia e seguridade no Centro Galego de Tecnificación Deportiva en Pontevedra.
c) Medio e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia (DOG) núm. 186, do 30 de setembro de 2014.
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.
b) Procedemento: aberto, non suxeito a regulación harmonizada e criterio prezo.
4. Valor estimado: 119.605,50 €.
5. Orzamento base de licitación.
Importe neto: 59.802,75 €. IVE (21 %): 12.558,58 €. Importe total: 72.361,33 €.
6. Adxudicación e formalización do contrato.
a) Data de adxudicación: 20 de novembro de 2014
b) Contratista: Grupo RMD Seguridad, S.L.
c) Nacionalidade: española.
d) Importe de adxudicación: sesenta e nove mil douscentos dous euros con sesenta e oito céntimos (69.202,68 €), IVE incluído.
e) Data de formalización: 28 de novembro de 2014
Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2014
José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte