De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación personal por dúas veces, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparencia.
O acto foi adoptado polo xefe do Servizo de Consumo.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días contados dende o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o Servizo Provincial do Instituto Galego de Consumo, con enderezo na rolda da Muralla, nº 70, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Lugo, 17 de decembro de 2014
Manuel Ángel Barros González
Xefe do Servizo de Consumo de Lugo.
ANEXO
Expediente: 27.122/14
Interesada: Gestión Integral Del Gas, S.L.U.
NIF: B06615157
Acto notificado: acordo de iniciación de 21 de outubro de 2014.