De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
O acto foi adoptado pola presidenta do Instituto Galego de Consumo.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Consumo A Coruña, con enderezo na praza Luis Seoane, s/n (Edificio Administrativo Monelos, 2ª andar, ala Norte) da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 17 de decembro de 2014
Xefe de Servizo de Consumo
Por vacante (Artigo 12.3 do Decreto 184/2011; DOG núm. 189, do 3 de outubro)
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: 15R002/82/2014.
Interesada: Hormigones Impresos Javier Bardanca.
Acto notificado: resolución de expediente.