1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: servizos.
b) Descrición do obxecto: servizos necesarios que permitan a xestión, información e certificación da marca de calidade dos produtos da pesca artesanal e o marisqueo («pescadeRías ¿de onde se non?»).
c) División por lotes e número: 3 lotes.
Lote 1: xestión da Marca de Calidade.
Lote 2: información e difusión da marca de calidade na restauración e nos diferentes canles de comercialización.
Lote 3: certificación da Marca de Calidade.
d) Prazo de execución: na súa totalidade, a duración do servizo estenderase desde o día seguinte ao da sinatura do contrato ata o 31 de outubro de 2015.
e) Admisión de prórroga: non.
f) CPV: 72224000-1 (lote 1); 79411100-9 (lote 2); 79212100-4 (lote 3).
3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto.
Criterios de adxudicación: de xuízo de valor e de aplicación de fórmulas, recollidos na letra N do prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Orzamento de licitación.
Importe neto: 205.000 €, IVE (21 %): 43.050 €, Importe total: 248.050 €.
Valor estimado: 205.000 € (a distribución por lotes se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares).
5. Financiamento: fondos propios e fondos FEP (75 %). Actuación: eixo/medida 3.4: desenvolvemento de novos mercados e campañas de promoción.
6. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: non se exixe.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo o disposto nos puntos J e K da carátula.
7. Garantías exixidas: definitiva (5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE).
8. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Servizo de Contratación.
b) Enderezo: edificio administrativo nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.
c) Teléfonos: 981 54 40 46/981 54 57 44 (consultas administrativas); 981 54 62 61 (consultas técnicas).
d) Telefax: 981 54 40 47.
e) Enderezo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborais, agás sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.
Tamén poderán obterse os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21809
9. Presentación das ofertas.
a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará aos quince (15) días naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, CP 15781). Poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado, a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47).
10. Prazo no que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.
11. Apertura das ofertas.
a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería.
b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do noveno día hábil seguinte ao de finalización do prazo de presentación de ofertas. A apertura dos sobres C terá lugar, en acto público, no lugar, data e hora que se comunicará mediante a súa publicación no perfil do contratante e mediante o envío dun fax a cada un dos licitadores.
12. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.
Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2014
P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG núm. 70, do 12 de abril)
María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar