Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Luns, 5 de xaneiro de 2015 Páx. 399

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Trazo (expediente IN407A 2014/158-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico
(BOE nº 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Número de expediente: IN407A 2014/158-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTA reforzo SIG-804 Breixo-Carabelos.

Situación: concello de Trazo.

Características técnicas:

Tramo LMT aérea SIG-804 Breixo-Carabelos a 20 kV, cunha lonxitude de 3,320 km, coa orixe en apoio nº 16 existente para substituír da LMT SIG-804, onde se realiza a derivación aos centros de transformación Carabelos (expediente 50.450) e O Outeiro (expediente 196/08) condutor tipo LA-56/54,6 mm2, e final no apoio nº 38 existente da LMT SIG-804, no tramo entre a derivada ao CT Nogalláns (expediente 3.512) que se vai substituír e a derivada ao CT Breixo (expediente 32.237).

LMT aérea a novo CT Nogalláns, a 20 kV cunha lonxitude de 0,015 km, coa orixe en apoio nº 27 existente que se vai substituír da LMT SIG-804, onde esta situado actualmente o CT Nogalláns (expediente 3.512) que se vai substituír, condutor tipo LA-56/54,6 mm2, e final no novo CT Nogalláns (proxectado).

CT intemperie Nogalláns cunha potencia de 50 kVA e unha relación de transformación de 20,000/400-230 V.

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se insire xunto con esta resolución.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector efléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Esta publicación faise igualmente para os efectos do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos terreos propostos sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación, ou ben, intentada a notificación, non puidese realizar e, deste xeito, dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan sobre estes, de conformidade co artigo 5 da Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña no prazo de vinte días, a partir da última publicación ou notificación individual.

A Coruña, 26 de novembro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Número de expediente: IN407A 2014/158-1.

Proxecto: LMTA reforzo SIG-804 Breixo-Carabelos.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:

Predio nº

Lugar

Cultivo

Nome propietario

Apoios

Afeccións

13

Naseiros

Monte alto

Ramón Novoa Cisneros

ml aéreo: 40.0-m2 aéreo: 640.0

24

Campo Redondo

Prado

Rosa López Couselo e José Ricardo López Couselo

ml aéreo: 122.0-m2 aéreo: 1220.0

25

Campo Redondo

Monte alto

Rosa López Couselo e José Ricardo López Couselo

m2 aéreo: 640.0

32

Agra Aldea Vella

Labradío

Rosa López Couselo e José Ricardo López Couselo

Núm. 1/2 28 m2: 1.0

ml aéreo: 51.0-m2 aéreo: 510.0

41

Fontoira

Prado

Ricardo Bello López

Núm. 32

ml aéreo: 78.0-m2 aéreo: 724.0