Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Luns, 5 de xaneiro de 2015 Páx. 397

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 7 de novembro de 2014, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada para o centro de transferencia de residuos que Safety Kleen España, S.A. posúe no concello de Santiago de Compostela (clave do expediente 2014-IPPC-I-68).

Para os efectos previstos na Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE nº 157, do 2 de xullo), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a seguinte documentación:

– «Proxecto básico para a solicitude de AAI. Centro de transferencia de residuos no polígono industrial do Tambre, Santiago de Compostela. Outubro 2014. A Coruña».

– «Proxecto técnico: ampliación de actividade de parque de almacenamento de produtos químicos asociado a un centro de transferencia de residuos perigosos. Xullo 2012».

– «Documento resumo proxecto básico para solicitude de AAI. Centro de transferencia de residuos no polígono industrial do Tambre, Santiago de Compostela. Outubro 2014. A Coruña».

Co fin de que calquera interesado poida consultala e, se é o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes. Os citados documentos estarán á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental-Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (r/ San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, poderán consultalos na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (http://www.cmati.xunta.es/>>medio ambiente e sostibilidade >>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2014

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO
Memoria resumo

Clave do expediente: 2014-IPPC-I-68.

Peticionario: Safety Kleen España, S.A.

Domicilio social: r/ Campezo, 1, Edif. 4, 3º A, 28022 Madrid.

Localización da instalación: Vía Diesel, parcelas R8-R9; polígono industrial do Tambre, Santiago de Compostela (A Coruña).

Actividade: servizos de limpeza industrial e almacenamento e xestión de residuos perigosos e non perigosos.

Descrición: as liñas de produción establecidas no centro de transferencia de residuos de Safety Kleen España, S.A. son:

– A subministración de equipamentos para a limpeza de pezas mecánicas, tipo parts-cleaner, que se proporcionarán aos talleres e unidades de mantemento industrial.

– A subministración de produtos químicos, fundamentalmente disolvente non haloxenado.

– A xestión de residuos perigosos e non perigosos consiste na recepción de residuos líquidos ou sólidos, a súa segregación e, no caso de certos líquidos, o seu envío a tanques verticais de almacenamento de graneis, ou ben ao almacenamento temporal de bidóns e GRG en estantes ou na cabina ATEX, no caso de que as súas características así o requiran. No caso de sólidos, o almacenamento temporal efectúase en gaiolas e contedores. Unha vez terminados os traballos de agregación e preparación de cargas, son expedidos a xestor final para a súa eliminación ou recuperación.