Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Venres, 2 de xaneiro de 2015 Páx. 203

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2014 pola que se modifica o prazo para a presentación de propostas establecido na Resolución do 10 de novembro de 2014, pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, polo procedemento aberto de tramitación ordinaria e anticipado de gasto, da subministración de equipamento de videoconferencia para diferentes ámbitos da Xunta de Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (expediente 06/2015).

Con data do 16 de decembro de 2014 publicáronse na plataforma de contratos de Galicia as aclaracións que dan resposta ás consultas de carácter técnico formuladas por diversos licitadores en relación co contido e interpretación do prego de prescricións técnicas que rexe a licitación, suxeita a regulación harmonizada, polo procedemento aberto, tramitación ordinaria e anticipado de gasto, da subministración de equipamento de videconferencia para diferentes ámbitos da Xunta de Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (expediente 06/2015), anunciada mediante a Resolución do 10 de novembro de 2014 (data de envío ao DOUE) e publicada no DOG número 219, do 14 de novembro.

De acordo cos anuncios de licitación, a data límite de presentación de proposicións remata o día 22 de decembro de 2014. Non obstante o anterior, e toda vez que varias das aclaracións publicadas na plataforma de contratos de Galicia afectan os requirimentos técnicos mínimos exixidos no prego de prescricións técnicas, considérase necesario proceder á apertura dun novo prazo de presentación de ofertas para participar na referida licitación, quedando sen efecto o prazo anterior establecido no punto 8 da dita resolución.

Data do envío do anuncio de información adicional ou rectificativo ao Diario Oficial de la Unión Europea: 17.12.2014.

A data límite de obtención de documentación e información e da presentación de ofertas remata o 26 de xaneiro de 2015.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2014

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia