Con data do 19 de novembro de 2014, o presidente de Portos de Galicia, ao abeiro do establecido no artigo 40.2.b) do Decreto 130/2013, do 1 de agosto, polo que se regula a explotación dos portos deportivos e das zonas portuarias de uso náutico-deportivo de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, resolveu decretar o arquivo do expediente de caducidade da autorización temporal de atracada que se cita con anterioridade, da que é titular Isabel Sáez Giménez.
Intentada a notificación da resolución no enderezo que consta no expediente sito en Guillermo Tell, 15-17, 1º, 2º A de Barcelona a través do servizo de Correos, e non sendo posible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, notifícase mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e exposición no taboleiro de edictos do Concello de Barcelona, esta resolución de arquivamento do expediente de caducidade da autorización temporal de atracada.
E para que conste e lle sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula.
Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2014
José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia