Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Venres, 2 de xaneiro de 2015 Páx. 152

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (700/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 700/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rizwan Gill contra Restaurante La Trinidad, S.L., Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza nº 471, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal:

«Sentenza

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2014.

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos nº 700/2013, promovidos ante este xulgado do social sobre reclamación de cantidade, por instancia de Rizwan Gill, asistido pola letrada Milagros Verde Crespo, contra Restaurante La Trinidad, S.L., que non comparece, e o Fogasa, que non comparece, ditou a presente sentenza.

(…)

Resolución

Que debo estimar e estimo a demanda presentada e, en consecuencia, condeno a Restaurante La Trinidad, S.L. a aboar a Rizwan Gill 4.767,75 euros en concepto de principal e 453 euros como xuros, con absolución do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza»

E para que sirva de notificación en legal forma a Restaurante La Trinidad, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2014

A secretaria xudicial