Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Venres, 2 de xaneiro de 2015 Páx. 171

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2014, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se anuncia a licitación do contrato suxeito a regulación harmonizada, por procedemento aberto, tramitación ordinaria e anticipada de gasto, do servizo de limpeza para as oficinas de emprego da provincia de Pontevedra.

Esta xefatura territorial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar a licitación do contrato que a seguir se relaciona:

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Xestión Económica da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Traballo e Benestar.

2º. Domicilio: edificio administrativo da Xunta de Galicia, Concepción Arenal nº 8-2º andar.

3º. Localidade e código postal: Vigo 36201.

4º. Teléfono: 986 81 77 25 ou 986 81 76 47.

5º. Fax: 986 81 76 83.

6º. Correo electrónico: traballoebenestar.vigo@xunta.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21675

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata o último día de presentación das proposicións.

d) Número de expediente: 91/2014.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de limpeza para as oficinas de emprego da provincia de Pontevedra.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: sen lotes.

d) Lugar de execución: nas dezaoito dependencias das oficinas de emprego, segundo a relación do prego de prescricións técnicas.

e) Prazo de execución: 24 meses (desde o 1 de abril de 2015 ata o 31 de marzo de 2017).

f) Admisión de prórroga: 24 meses.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 90919200.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 1.013.318,08 €, excluído o IVE.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 506.659,04 €. Importe total: 613.057,44 €.

6. Garantías exixidas.

Provisional (importe): non se exixe.

Definitiva: (5 %) do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo U, subgrupo 1, categoría B.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares para o suposto de empresarios non españois de Estados membros da Unión Europea.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 17 de xaneiro de 2015.

b) Modalidade de presentación: tres sobres pechados debidamente identificados e documentación en papel.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo (de luns a venres, das 9.00 ás 19.00 horas, e os sábados das 9.00 ás 14.00 horas). As proposicións poderán enviarse por correo dentro do prazo de admisión indicado, xustificando a data de imposición do envío e anunciándoo á Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Traballo e Benestar mediante fax, telegrama ou correo electrónico, no mesmo día e nun só envío. Se a documentación se presentar en calquera outro rexistro diferente ao indicado nos parágrafos anteriores, a proposta non será admitida á licitación.

2º. Domicilio: Concepción Arenal 8.

3º. Localidade e código postal: Vigo 36201.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses desde a apertura de ofertas en acto público.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición: sala A-1ª planta do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo.

b) Domicilio: Concepción Arenal 8.

c) Localidade e código postal: Vigo 36201.

d) Data e hora: documentación do sobre B: 6 de febreiro de 2015, ás 10.00 horas.

10. Gastos de publicidade: por conta da adxudicataria.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 3 de decembro de 2014.

12. Outras informacións: no perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21675

Publicarase o lugar e a hora do acto público de apertura dos sobres B e C, así como calquera posible variación das datas antes indicadas.

Vigo, 3 de decembro de 2014

María Rita Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo