De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 13, do 14 de xaneiro), notifícaselle á persoa que a continuación se indica a resolución do expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por non ser posible a dita notificación no último domicilio que consta no expediente que consta nesta xefatura territorial.
O interesado poderá interpoñer recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Pontevedra que por quenda corresponda, no prazo de dous desde o día seguinte á publicación desta resolución, sen necesidade de reclamación administrativa previa de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.
O correspondente expediente consta no Servizo de Familia e Menores da Xefatura Territorial en Vigo da Consellería de Traballo e Benestar, rúa Concepción Arenal, 8, 1ª andar, 36201 Vigo, onde poderá comparecer no prazo de 5 días hábiles (de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas) para coñecemento do contido íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.
Nº expediente: 2011/197-5.
Interesado: Víctor Andrés Torres.
Domicilio: descoñecido.
Asunto: notificación de resolución administrativa con data do 1 de decembro de 2014.
Vigo, 4 de decembro de 2014
María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo