Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Martes, 30 de decembro de 2014 Páx. 53800

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Barco de Valdeorras

ANUNCIO de licitación pública sobre a aprobación inicial da modificación do Plan parcial 13- SUR 13.

A Xunta de Goberno Local, na súa sesión que tivo lugar o día 27 de novembro de 2014, e de conformidade co artigo 86 da Lei 9/2002, acordou aprobar inicialmente a modificación do Plan parcial da área de repartición AR-13 SUR 13, por iniciativa de Profoner Galicia, S.L., Construcciones José Miguel Rubio, S.L., Dionisio Rodríguez Jurjo e Carmen Ferrer Fernández, segundo o documento redactado polos arquitectos Daniel Rodríguez Fernández e José Martínez Rodríguez, o que se somete a información pública durante o prazo dun mes, mediante a inserción de anuncios no taboleiro de edictos do concello, no Diario Oficial de Galicia e en dous periódicos de maior difusión na provincia. Durante o dito prazo quedará o expediente de manifesto no departamento de Urbanismo deste concello, en horario de atención ao público, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas para que calquera persoa que o xulgue examine o expediente e formule as alegacións que considere.

Así mesmo, acordouse suspender o outorgamento de licenzas urbanísticas na área de repartición AR-13 SUR 13. A suspensión terá unha duración máxima de dous anos contados desde a aprobación inicial e en calquera caso extinguirase coa aprobación definitiva do planeamento.

O Barco de Valdeorras, 3 de decembro de 2014

Alfredo García Rodríguez
Alcalde