Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Mércores, 24 de decembro de 2014 Páx. 52478

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1998/2013).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 1998/2013 desta sección, instado pola entidade Izar Construciones Navales, S.A., en liquidación, sendo parte María Mesía Rodríguez, Raquel Alonso Mesía e María Alonso Mesía e as empresas Izar Construciones Navales, S.A., en liquidación, Navantia, S.A., Naval, S.A., Esteban D. González, Montajes de Vigo J. Seijo, Cerámica Arzúa, Estarte y Ecenarro, S.A., Germán Urones Alonso, Miguel Pascual y Cía, S.A., Rigor, Nicolás Cabalo (Construciones Cabalo), Montajes Pereira, MNM Pescanova, S.A., MNM Chimbote, MNM e Escuela de Maestría Industrial SID, sobre outros dereitos Seguridade Social, ditouse sentenza con data do vinte e oito de novembro de dous mil catorce, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos que desestimando o recurso de suplicación interposto Izar Construciones Navales, S.A. en liquidación contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 de Ferrol, con data do 15 de xaneiro de 2013, debemos confirmar integramente a resolución recorrida.

Decrétase a perda do depósito constituído para recorrer e condénase á demandada a que aboe a suma de 200 (douscentos) euros en concepto de honorarios do letrado impugnante do recurso.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado perante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida do catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, deberá emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente Libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao Xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenzaa, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Navalsa Esteban González, Montajes de Vigo J. Seijo, Cerámica Arzúa, Estarte y Ecenarro, S.A., Germán Urones Alonso, Miguel Pascual y Cía, S.A., Rigor, Nicolás Cabalo (Const Cabalo), Montajes Pereira, MNM Pescanova, S.A., MNM Chimbote, MNM e Escuela de Maestría Industrial SID, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 28 de novembro 2014

A secretaria xudicial