Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 23 de decembro de 2014 Páx. 52436

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 9 de decembro de 2014, da Área Provincial de Turismo de Ourense, pola que se notifican as incoacións dos expedientes sancionadores OU-S-86/2014 e OU-S-95/2014 por infraccións en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de decembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan as incoacións dos expedientes sancionadores OU-S-86/2014 e OU-S-95/2014, xa que, intentada polos medios habituais, non se puideron practicar.

Dispoñen dun prazo de quince días para presentar, ante a instrutora do procedemento, alegacións, documentos e informacións que xulguen convenientes, así como propoñer que se practiquen os medios de proba de que pretenda valerse.

Expediente: OU-S-86/2014.

Titular sancionado: Ricardo Manuel Gutiérrez Durán.

Establecemento: Pub Anderground.

Domicilio: praza das Mercedes, 14.

Localidade: Ourense.

Incoación: 28 de outubro de 2014.

Precepto infrinxido: artigo 109.2.c) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia.

Expediente: OU-S-95/2014.

Titular sancionado: Finca A Coutada, S.C.

Establecemento: Finca A Coutada.

Domicilio: estrada de Mourillós.

Localidade: Celanova.

Incoación: 14 de novembro de 2014.

Precepto infrinxido: artigos 109.2.a) e 109.2.b), da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia.

Ourense, 9 de decembro de 2014

Antonio Aguarón Turrientes
Xefe da Área Provincial de Turismo de Ourense