Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 23 de decembro de 2014 Páx. 52432

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2014 pola que se fai pública a formalización do contrato de obras das instalacións hidráulicas, eléctricas e térmicas pendentes no balneario de Cortegada (Ourense), tramitado polo procedemento negociado sen publicidade, cofinanciado polo programa operativo Feder Galicia 2007/2013 (80 %) e FCI (20 %) TP 5.57.1.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1.Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Data de publicación no perfil do contratante: 20 de outubro de 2014.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: obras.

b) Descrición: contrato de obras das instalacións hidráulicas, eléctricas e térmicas pendentes no Balneario de Cortegada (Ourense).

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado sen publicidade.

4. Orzamento base de licitación: 173.145,00 euros, IVE excluído.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 16 de outubro de 2014.

b) Data de formalización do contrato: 20 de outubro de 2014.

c) Adxudicataria: Construcciones y Almacenes Viso e Hijos, S.L.

d) Importe de adxudicación: 162.756,30 euros, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa (prezos unitarios: prezo/palabra) ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2014

P.A. (Artigo 19.6 do Decreto 196/2012; DOG núm. 193, do 9 de outubro)
Elena Barca Ramos
Xerente da Axencia Turismo de Galicia