Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 23 de decembro de 2014 Páx. 52411

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CORRECIÓN de erros. Resolución do 10 de decembro de 2014 pola que se anuncia a contratación polo procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada e tramitación ordinaria, documentalmente simplificado, do servizo de vixilancia para o Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa) da Illa de Arousa e do Centro de Investigacións Mariñas (Cima) de Corón (expediente 10/2015).

Advertidos erros na mencionada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 241, do 17 de decembro de 2014, cómpre facer as seguintes correccións:

Na resolución do título do anuncio, onde di: «contratación polo procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada e tramitación ordinaria», debe dicir: «contratación polo procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada, tramitación ordinaria e anticipada de gasto».

No punto 2, letra d), onde di: «Prazo de execución: desde o 1 de febreiro ata o 31 de decembro de 2015.», debe dicir: «Prazo de execución: comezará previsiblemente o 1 de febreiro de 2015, ata o 31 de decembro de 2016.».

No punto 10, letra c), onde di: «c) Data e hora: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do día 14 de xaneiro de 2015.», debe dicir: «c) Data e hora: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.30 horas do día 14 de xaneiro de 2015.».