Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 23 de decembro de 2014 Páx. 52404

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 24 de novembro de 2014 pola que se autorizan as transmisións inter vivos das concesións dos viveiros Jar III, Jar V, Marpesa XXV e Marpesa XXIX.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión dos viveiros Jar III, Jar V, Marpesa XXV e Marpesa XXIX, e da concesión administrativa que os ampara, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro. Mediante escrito do 24 de outubro de 2014, Mariscos Ría de Vigo, S.L. (B36783579) solicitou autorización para transmisión das concesión dos viveiros Jar III, Jar V, Marpesa XXV e Marpesa XXIX.

Segundo. Os informes do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características do viveiro e do Servizo Técnico-Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.

b) Fundamentos xurídicos.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, e coa Lei 6/2009, do 11 de decembro, que a modifica, e coa Resolución do 12 de abril de 2012, de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, pola que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Luis Rosales, S.A. (A36032837), da concesión que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Jar III.

Localización:

Cuadrícula nº: 8.

Polígono: C.

Distrito: Redondela (Pontevedra).

Especies autorizadas:

Mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: OM do 14.5.1975 (BOE núm. 173).

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actual titular: Mariscos Ría de Vigo, S.L. (B36783579).

Nova titular: Luis Rosales, S.A. (A36032837).

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Jar V.

Localización:

Cuadrícula nº: 15.

Polígono: C.

Distrito: Redondela (Pontevedra).

Especies autorizadas:

Mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: OM do 14.5.1975 (BOE núm. 173).

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actual titular: Mariscos Ría de Vigo, S.L. (B36783579).

Nova titular: Luis Rosales, S.A. (A36032837).

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Marpesa XXV.

Localización:

Cuadrícula nº: 8.

Polígono: A.

Distrito: Baiona (Pontevedra).

Especies autorizadas:

Mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: OM do 18.9.1964 (BOE núm. 236).

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actual titular: Mariscos Ría de Vigo, S.L. (B36783579).

Nova titular: Luis Rosales, S.A. (A36032837).

Identificación.

Tipo: batea.

Nome: Marpesa XXIX.

Localización:

Cuadrícula nº: 12.

Polígono: A.

Distrito: Baiona (Pontevedra).

Especies autorizadas:

Mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: OM do 18.9.1964 (BOE núm. 236).

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actual titular: Mariscos Ría de Vigo, S.L. (B36783579).

Nova titular: Luis Rosales, S.A. (A36032837).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. A actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia compulsada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. A nova titular da concesión queda subrogada nos dereitos e obrigas da anterior, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 24 de novembro de 2014

Por delegación de sinatura (Resolución do 12.4.2012)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa de Coordinación da Área do Mar en Vigo