Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 22 de decembro de 2014 Páx. 52040

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Betanzos

EDICTO (400/2013).

Rosana Corral García, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Betanzos, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Promociones As Brañas, S.L. fronte a Manuel Tellado Díaz ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza 88/2014.

Betanzos, 23 de xullo de 2014.

Sofía Leonor Castro Verdes, xuíza titular de apoio do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 desta cidade, viu os autos de xuízo ordinario, tramitados neste xulgado con número de autos 400/13, promovidos por Promociones As Brañas, S.L., entidade representada polo procurador Sr. García Brandariz e asistida polo letrado Sr. Cores Castro, contra Manuel Tellado Díaz e a Xunta de Galicia, representada pola letrada da Xunta Sra. Benedeti Corzo, sobre resolución de contrato.

Resolución:

Estimo a demanda formulada polo procurador Sr. García Brandariz, en nome e representación de Promociones As Brañas, S.L., contra Manuel Tellado Díaz e a Xunta de Galicia, e declaro a resolución do contrato de compravenda con subrogación hipotecaria outorgada entre as partes en data do 10 de maio de 2004, por medio da escritura autorizada polo notario de Sada Andrés Cancela Ramírez de Arellano, co número 788 do seu protocolo, coas consecuencias legais inherentes á devandita declaración e con restitución á demandante da posesión dos inmobles obxecto da devandita compravenda, sen que proceda retornar á compradora ningunha cantidade.

Non procede a cancelación das anotacións de embargo e demais cargas rexistrais posteriores ao outorgamento da devandita escritura solicitada.

Impóñense as custas ao demandado.

No que se refire á intervención da Xunta no marco deste procedemento, impóñense as custas á entidade demandante.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra esta poderán interpoñer recurso ante a Audiencia Provincial da Coruña, por medio dun escrito que deberán presentar neste xulgado nun prazo de 20 días desde a súa notificación. Para a interposición do recurso será necesario constituír un depósito de 50 euros, de conformidade co que establece a disposición adicional décimo quinta da LOPX, que será requisito para a súa admisión.

Así por esta a miña sentenza, xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo, Sofía Leonor Castro Verdes, xuíza titular de apoio deste xulgado e do seu partido.

E encontrándose o devandito demandado, Manuel Tellado Díaz, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Betanzos, 24 de outubro de 2014

A secretaria xudicial