Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 22 de decembro de 2014 Páx. 52114

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 4 de decembro de 2014 polo que se relacionan resolucións de recursos de reposición pendentes de notificar e se emprazan varias interesadas para seren notificadas por comparecencia (Fernanda Grandes Santos e Rosario Dequidt Fontenla).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei xeral tributaria 58/2003, do 17 de decembro, relaciónanse resolucións de recursos de reposicións pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal, e emprázanse as interesadas que figuran no anexo para seren notificadas por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Departamento Central de Recadación en aplicación do establecido no artigo 25 do Decreto 202/2012, do 18 de outubro, polo que se crea a Axencia Tributaria de Galicia e se aproba o seu estatuto.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, perante o Departamento Central de Recadación da Axencia Tributaria de Galicia, con enderezo na rúa A Pastoriza, 8 , 4º, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2014

Ulpiano L. Villanueva Rodríguez
Director da Axencia Tributaria de Galicia

ANEXO

Interesada

NIF

Enderezo

Procedemento

Fernanda Grandes Santos

76990438P

Rúa Lorenzo de la Carrera, núm. 2

36300 Baiona, Pontevedra

Resolución recurso de reposición contra dilixencia de embargo

Rosario Dequidt Fontenla

47358793E

R/ José Cornide, núm. 1, 4

15005 A Coruña

Resolución recurso de reposición contra dilixencia de embargo