Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 22 de decembro de 2014 Páx. 51947

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 16 de decembro de 2014 pola que se nomean novos vogais do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento en representación das organizacións non gobernamentais de desenvolvemento (ONGD).

De acordo co establecido no número 5 do artigo 11 do Decreto 326/2004, do 29 de decembro, polo que se regulan os órganos de coordinación e asesoramento en materia de cooperación para o desenvolvemento e polo que se crea o Rexistro de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento, modificado polo Decreto 90/2011, do 5 de maio de 2011, os vogais do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento serán nomeados e separados polo titular do departamento competente, logo da proposta das entidades con representación naquel, mediante orde publicada no Diario Oficial de Galicia, e desempeñarán os seus cargos por un período de catro anos.

Mediante a Orde do 7 de decembro de 2012 (DOG do 18 de decembro) nomeáronse os vogais do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento en representación das ONGD. Téndose producido unha renovación dos vogais en representación das ONGD radicadas en Galicia, propostos pola Coordinadora Galega de ONGD, procede modificar a composición do dito consello.

Polo tanto, vista a proposta de nomeamento formulada pola Coordinadora Galega de ONGD, e de acordo co disposto no número 5 do artigo 11 do Decreto 326/2004, do 29 de decembro, modificado polo Decreto 90/2011, do 5 de maio de 2011,

DISPOÑO:

Artigo único

1. Que cesen como vogais, titulares e suplentes, do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento en representación das ONGD as seguintes persoas:

Raúl Besada Vázquez.

Francisco Solano Raigón Jiménez.

Laura del Río Quiroga.

Juan Carlos de Sola Vollbrecht.

Germán Vargas Calleja.

Agradécenselles a todos eles os servizos prestados.

2. Nomear como vogais, titulares e suplentes, do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento en representación das ONGD:

– Titulares:

María del Carmen Beltrán Moreiras.

Alejandro Quiñoá Casteleiro.

– Suplentes:

Laura Casal Guillán.

José Francisco Durán Hurtado.

Lorena Seijo Sanmiguel.

3. Nomear como vogal titular do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento en representación das ONGD o seguinte membro que tiña a condición de suplente: Gonzalo Miguel Gesto Quiñoy.

4. Nomear como vogal suplente do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento en representación das ONGD o seguinte membro que tiña a condición de titular: María Patricia Iglesias Fernández.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2014

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza