Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 22 de decembro de 2014 Páx. 52058

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 14 de novembro de 2014, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que fai pública a autorización da Fundación para la Gestión Medioambiental de Pilas (Ecopilas) como sistema integrado de xestión de pilas e acumuladores usados.

En cumprimento do establecido no artigo 8.2 do Real decreto 106/2008, do 1 de febreiro, sobre pilas e acumuladores e a xestión ambiental dos seus residuos, faise público que á entidade Fundación para la Gestión Medioambiental de Pilas (Ecopilas) se lle outorgou a autorización como sistema integrado de xestión de pilas e acumuladores usados. A autorización poderá consultarse na seguinte URL:

http://sirga.cmati.xunta.es/six-autorizados-en-galicia-pilas

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2014

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental